Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41514

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCION do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ao acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade pública instrumental Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade ao acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións precisas para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

– Actividade: a execución do proxecto de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

– Natureza e alcance do acordo de colaboración: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: a eficacia do acordo para a xestión das actuacións precisas para realizar a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estenderase ata o 31 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo