Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Virgen de la Luz, 3 baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMTA Ganade-Guláns.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 770 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 4ES0847 da liña principal nº 6 San Roque-Nogueira, e final no apoio proxectado nº 4ES0839 na liña principal nº 6 San Roque-Nogueira. A instalación está situada en Ganade e Guláns, Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 18 de xullo de 2017
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Pontevedra