Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a subministración de cadeiras de rodas con destino a diversas unidades ambulatorias e hospitais de día deste servizo, parcialmente cofinanciada pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado (expediente AB-SER2-17-011, lote único).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER2-17-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de cadeiras de rodas con destino a diversas unidades ambulatorias e hospitais de día do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: centros indicados no anexo VI do PCAP.

e) Prazo máximo de entrega: vinte días naturais desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 208.750,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 208.750,00 €.

Orzamento con IVE: 252.587,50 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda a información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante, www.sergas.es.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos