Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2017/17-2, 8485 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: RBT Penedo (CT Vilarín).

Situación: concello de Navia de Suarna.

Características técnicas:

1. Adecuación e mellora da rede de baixa tensión que parte do centro de transformación de Vilarín para o lugar de Penedo, na cal se proxecta nova saída de baixa tensión do CT Vilarín en substitución da existente, en conductor RZ/0,6/1 kV-3×95 AI+54,6 AIm, que alcanza a celosía metálica de tipo C-1000-12, proxectada no nodo B. Desde esta celosía repártese a RBT, téndese, por unha parte, un novo van de condutor RZ/0,6/1 kV-3×95 AI+54,6 AIm, para a celosía proxectada (C-1000-12) no nodo C, onde se entronca coa RBT existente para o lugar de Vilarín; e por outra parte, téndese novo van de condutor RZ/0,6/1 kV-3×50 AI+54,6 Alm, para a celosía proxectada, de tipo C-1000-12, situado no nodo D, na cal se proxecta un autotransformador elevador de tensión (50 kVA), de relación de transformación 400-230/960 V. Á saída deste autotransformador elevador téndese novo van de condutor de tipo RZ/0,6/1 kV-3×50 AI+54,6 AIm para a celosía metálica de tipo C-1000-12, intercalada no nodo E, onde se entronca coa RBT existente para Penedo. No nodo H desta  RBT proxéctase un transformador redutor de tensión (50 kVA), de relación de transformación 960/400-230 V, instalado sobre o apoio de formigón proxectado de tipo HV-1000-11, desde o que se prevé o tendido de novo condutor de tipo RZ/0,6/1 kV-3×25 AI+54,6 AIm para os nodos G e I, proxectando neste último a colocación dun apoio de formigón de tipo HV-630-11.

2. A instalación proxectada supón, por tanto, a instalación de 4 celosías metálicas; unha delas albergará o autotransformador elevador; 2 apoios de formigón, nun deles instalarase o transformador redutor; e 231 m de condutor illado trenzado de tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 17 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo