Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de agosto de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte O Torreiro, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Quintela, da parroquia de Quintela (Crecente), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Crecente.

Parroquia: Quintela.

Nome do monte: O Torreiro.

Parcela: O Torreiro.

Cabida: 748,8 m2 (superficie alegada na solicitude, a parcela conta con dúas construcións de uso veciñal).

Estremas:

Norte: Isaura Fernández Rivas (pol. 16, parcela 611).

Sur: María Teresa Pérez Pérez (pol. 16, parcela 622).

Leste: María Teresa Carpintero Recarey (pol. 16, parcela 613), Rubén Carpintero Rivera (pol. 16, parcela 615) e Jacinta Pérez Estévez (pol. 16, parcela 616).

Oeste: camiño asfaltado.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 24 de agosto de 2017

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora