Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dos servizos de xestión e evolución da plataforma de servidores con software de base AIX, xestores de base de datos e servidores de aplicacións (expediente AB-SER1-17-022).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 30 de setembro de 2017.

d) Número de expediente: AB-SER1-17-022.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión e evolución da plataforma de servidores con software de base AIX, xestores de base de datos e servidores de aplicacións do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72246000-1 e 72250000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Solución para a prestación do servizo

0 - 40

Metodoloxía

0 - 10

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Calidade do servizo

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 976.320 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 406.800 euros. Importe total: 492.228 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría: B/2 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver as cláusulas 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 30 de setembro de 2017.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de agosto de 2017.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos