Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41933

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017 pola que se resolve a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante a Orde do 4 de maio de 2017 (DOG núm. 97, do 23 de maio), a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou unha liña de subvencións para o ano 2017, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos de equipamentos de emerxencias, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación dos artigos 8, 9 e 10 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar con cargo á aplicación 05.25.212A.624.0, código de proxecto 2016 00026, programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixo 5, tema prioritario 5.2 Fomento do investimento para facer fronte aos riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes, co desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes, os equipamentos de emerxencia relacionados no anexo.

Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír material non adxudicado, por posible renuncia dalgún beneficiario ou a adquisición de máis material, que será elevada posteriormente ao órgano competente para resolver. Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación, en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 11.e) da Orde do 4 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2017 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, a acta de cesión do equipamento concedido realizarase no prazo estimado de tres meses contados desde a data de recepción daquela, non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2017-SUEI 01-02-03-04-EM (número de referencia contable 2017-05-340), procedemento aberto e tramitación ordinaria, por importe de 847.300 euros (IVA incluído), publicado no DOUE do 14 de abril de 2017.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (disposición derradeira cuarta da Orde do 4.5.2017)
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

NIF

Concellos, mancomunidades
e agrupacións de concellos

Provincia

Equipamento
adxudicado

P1501100J

Boiro

CO

Baúl

P1501500A

Cabanas

CO

Remolque de emerxencias

P1501900C

Carballo

CO

Baúl

P1502800D

Corcubión

CO

Todoterreo pick-up

P1502900B

Coristanco

CO

Todoterreo pick-up

P1504600F

Mazaricos

CO

Todoterreo pick-up

P1504900J

Miño

CO

Remolque de emerxencias

P1505200D

Mugardos

CO

Embarcación

P1505600E

Neda

CO

Todoterreo pick-up

P1505900I

Oleiros

CO

Baúl

P1506000G

Ordes e Frades, agrupación de concellos

CO

Todoterreo pick-up

P1506300A

Outes

CO

Embarcación

P1507000F

Pontedeume

CO

Embarcación

P1507200B

Porto do Son

CO

Baúl

P1507300J

Rianxo

CO

Baúl

P1507400H

Ribeira

CO

Baúl

P2701600E

Chantada

LU

Remolque de emerxencias

P2702900H

Meira

LU

Todoterreo pick-up

P2703100D

Monforte de Lemos

LU

Remolque de emerxencias

P2703800I

Ourol

LU

Remolque de emerxencias

P2704900F

Portomarín

LU

Remolque de emerxencias

P2705200J

Ribas de Sil

LU

Todoterreo pick-up

P2705700I

Sarria

LU

Remolque de emerxencias

P2706700H

Viveiro

LU

Baúl

P3202900A

Cualedro e Monterrei, agrupación de concellos

OU

Remolque de emerxencias

P8202502D

Mancomunidade Terras de Celanova

OU

Todoterreo pick-up

P3204900I

Mezquita, A

OU

Remolque de emerxencias

P3205300A

Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo, agrupación de concellos

OU

Remolque de emerxencias

P3206800I

Rairiz de Veiga

OU

Remolque de emerxencias

P3208200J

Toén

OU

Remolque de emerxencias

P3208400F

Veiga, A

OU

Embarcación

P3600500G

Caldas de Reis

PO

Remolque de emerxencias

P3600800A

Cangas

PO

Embarcación

P3600048G

Cerdedo-Cotobade

PO

Todoterreo pick-up

P3601500F

Cuntis

PO

Remolque de emerxencias

P3602500E

A Lama, Covelo, Fornelo de Montes, Mondariz e Mondariz-Balneario, agrupación de concellos

PO

Remolque de emerxencias

P3602600C

Marín

PO

Embarcación

P3602900G

Moaña

PO

Todoterreo pick-up

P3604100B

Poio

PO

Remolque de emerxencias

P3604400F

Pontecesures

PO

Baúl

P3603900F

Porriño, O

PO

Remolque de emerxencias

P3604000D

Portas

PO

Remolque de emerxencias

P3604500C

Redondela

PO

Remolque de emerxencias

P3605600J

Valga

PO

Embarcación

P3606000B

Vilagarcía de Arousa

PO

Baúl