Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41978

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2017 pola que se corrixen erros na do 7 de agosto de 2017, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios polo sistema de promoción interna.

Detectado erros na Resolución do 7 de agosto de 2017, da Universidade da Coruña, publicada no Diario Oficial de Galicia número 163, do 29 de agosto de 2017, procédese a efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 40842, no punto 1) onde di:

«Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas o o procedemento administrativo común (en adiante LRXAPPAC), os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado».

Debe dicir:

«Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado».

Na páxina 40844, no punto 3.1) onde di:

«Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992».

Debe dicir:

«Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015».

Na páxina 40844, no punto 3.2) onde di:

«As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Mestranza 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992».

Debe dicir:

«As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Mestranza 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015».

Na páxina 40846, no punto 5.2) onde di:

«Os membros da Comisión de acceso deberán absterse de actuar e os interesados poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na LRXAPPAC».

Debe dicir:

«Os membros da Comisión de acceso deberán absterse de actuar e os interesados poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015».

Na páxina 40848, no punto 8) onde di:

«Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na LRXAPPAC».

Debe dicir:

«Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro».

A Coruña, 1 de setembro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña