Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42112

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica a Ana Jesús López Díaz.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 11 de maio de 2017 (BOE do 30 de maio), para a provisión da praza número 17/001 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade, a favor de Ana Jesús López Díaz, con DNI 33263837-H, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Jesús López Díaz profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Mecánica, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de agosto de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña