Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de limpeza pública viaria, recollida e transporte dos residuos urbanos.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Limpeza. Número de expediente: 6.619-252.

2. Obxecto do contrato: os servizos relativos á limpeza pública viaria, recollida e transporte dos residuos urbanos da cidade de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento: a) Orzamento base de licitación: 64.763.100 euros (sen IVE); IVE que soportará a Administración: 6.476.310 euros. Orzamento total: 71.239.410 euros. b) Dotación por lotes (IVE incluído): lote 1. Baleirado de papeleiras e contedores: 5.848.700 euros; lote 2. Servizo de recollida de lixo e limpeza viaria: 61.153.400 euros; lote 3 Recollida selectiva do lixo: 4.237.310 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: si, por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: lote 1: grupo U, subgrupo 1, categoría 5; lote 2: grupo R, subgrupo 5, categoría 5 e grupo U, subgrupo 1, categoría 5; lote 3: grupo R, subgrupo 5, categoría 5. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario ou documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: lote 1: grupo U, subgrupo 1, categoría 5; lote 2: grupo R, subgrupo 5, categoría 5 e grupo U, subgrupo 1, categoría 5; lote 3: grupo R, subgrupo 5, categoría 5.

Ademais estar en posesión das seguintes certificacións de calidade:

Certificación do sistema de xestión da calidade, UNE-EN-ISO 9001:2008.

Certificación do sistema de xestión ambiental, UNE-EN-ISO 14001:2004.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o día 11 de outubro de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 25 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación