Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de agosto de 2017 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 03/2017-LU.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, descoñecéndose o lugar da notificación, notifícase á persoa interesada por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Política Social, Servizo de Familia, Menores e Dinamización Demográfica, situadas na rolda da Muralla, 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado na proposta de resolución referida, o interesado dispón dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á súa notificación, para achegar cantas alegacións considere pertinentes.

Lugo, 21 de agosto de 2017

Mª Jesús Rodríguez Losada
Instrutora

ANEXO

Expediente: 03/2017-LU.

Interesado: José María Díaz Chao.

DNI: *****650J.

Acto de notificación: proposta de Resolución do 21 de agosto de 2017.