Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de sistemas de información da área de prestacións, discapacidade e dependencia do eido da política social (expediente 2017/PA/0023).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de sistemas de información de soporte á xestión das áreas de prestacións, discapacidade e dependencia do eido da política social.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.4.2017.

DOUE: 4.4.2017.

BOE: 11.4.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.983.471,06 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 661.157,02 €, máis 138.842,97 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 799.999,99 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 5.9.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 622.800,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia