Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de agosto de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/73/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a María del Carmen Ramos Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/73/2016-RP1, en relación coas obras consistentes na reforma dunha vivenda tradicional, enlousado perimetral, muro, soleira de formigón e construción de planta baixa, que se levan a cabo no lugar de Vilapol, no termo municipal de Lourenzá, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística