Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador en materia de pesca fluvial de Galicia PES-LU-0038/2017-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo instrutor do expediente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 10 de agosto de 2017

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PES-LU-0038/2017-V.

Interesado: Miguel Ángel Salgado Abuín.

Acto notificado: proposta de resolución.