Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0100-2017 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Orde do 13.4.2016)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0100-2017 BIO.

Denunciada: Mª Antonia Abad Vía.

Acto de notificación: proposta de resolución.