Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de renovación da instalación da condución de auga quente desde o pavillón de deportes Os Remedios ata a estación de bombeo (desaugadoiro da fonte das Burgas).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal

d) Número de expediente: 2017020713 (ref. 2461).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de renovación da instalación da condución de auga quente desde o pavillón de deportes Os Remedios ata a estación de bombeo (desaugadoiro da fonte das Burgas).

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: tres meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 224.602,32 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 224.602,32 euros. IVE: 47.166,49 euros. Importe total: 271.768,81 euros.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 9 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 9 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de setembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde