Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2007/396-1, nos concellos de Vimianzo e Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV, subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 8 de setembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2007/396-1.

Entidade beneficiaria: EDPR Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV, subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II.

Concellos: Vimianzo e Muxía.

Predio

Concello

Lugar

Titularidade

Data

Hora

295

Muxía

Prado Vello

Jesús Feliciano Canosa Canosa e outra

23.10.2017

11.00