Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42905

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2017 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Importe achegado polo IGVS

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para desenvolver a recadación do programa de facturación das vivendas e locais comerciais de promoción pública do IGVS e as devolucións derivadas do depósito e cancelación de fianzas no IGVS.

129.012 €

9.6.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mondoñedo para a concesión directa dunha subvención ao Concello de Mondoñedo.

42.000 €

12.5.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco.

12.000 €

27.4.2017