Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 31 de xullo de 2017, relativa ao proxecto do parque eólico Airas, nos concellos de Alfoz e Mondoñedo, promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 31 de xullo de 2017, relativa ao proxecto do parque eólico Airas, nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L. e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas