Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42992

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación.

Procedemento aberto para a contratación do servizo de transporte das obras incluídas na exposición In Tempore Sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia. El primer reino medieval de Occidente (411-585 A.D.), procedentes de países europeos, con exclusión da península Ibérica.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación do servizo de transporte das obras incluídas na exposición In Tempore Sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia. El primer reino medieval de Occidente (411-585 A.D.), procedentes de países europeos, con exclusión de la península Ibérica, cun gasto autorizado de 110.000,00 € (IVE incluído), correspondendo ao importe neto a cantidade de 90.909,09 € e ao IVE aplicable a cantidade de 19.090,91 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o servizo de contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se xulgue procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 4 de setembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense