Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017 pola que se anuncia a licitación dun contrato de subministración dunha ferramenta informática de intelixencia empresarial (BI).

O conselleiro maior desta institución, mediante Resolución do 14 de setembro de 2017, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de subministración dunha ferramenta informática de intelixencia empresarial (BI), co detalle que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 16.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: secret@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 17/63.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dunha ferramenta de intelixencia empresarial ou BI (Business Intelligence). Licenzas, instalación e despregamento no contorno tecnolóxico, incluíndo a migración da información cargada na ferramenta actualmente en uso e formación de usuarios.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

e) Prazo de execución:

e.1) Subministración da ferramenta e licenzas: dous días hábiles.

e.2) Instalación: dous días hábiles.

e.3) Implementación e desenvolvemento da solución BI: dous meses.

e.4) Formación: quince días, contados desde o remate da fase de implementación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 48482000, 72212482.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterios de adxudicación:

c.1) Oferta técnica (0-25 puntos), dividida en:

c.1.1) Proposta funcional e tecnolóxica (0-18 puntos).

c.1.2) Plan de execución e organización do proxecto (0-9 puntos).

c.2) Usabilidade da ferramenta BI (0-18 puntos).

c.3) Prezo (55-0 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 159.603 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 159.603 euros. IVE (21 %): 33.516,63 euros. Importe total: 193.119,63 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, se é o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional:

b.1) Solvencia económica e financeira: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de entre os tres últimos exercicios rematados, igual ou superior a 240.000 €. Acreditarase mediante as contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, de estar o empresario inscrito nel, mediante a achega dun certificado orixinal do Rexistro Mercantil, de depósito e contido das contas.

b.2) Solvencia técnica e profesional: relación das principais subministracións do mesmo tipo ou natureza realizadas nos cinco últimos anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza que os do obxecto contractual, atendendo para tal efecto aos dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV. A declaración avalarase mediante certificados de boa execución correspondentes ao exercicio de maior execución, e será necesario que o total dos importes consignados sexa igual ou superior a 168.000 €.

b.3) Compromiso de adscrición de medios persoais: a documentación acreditativa de que dispón dos medios humanos que se compromete a adscribir ao contrato, segundo os perfís descritos no PPT, mediante a achega dos CV desas persoas e a documentación que acredite a posesión pola súa parte do perfil profesional requirido.

c) A acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a seguir ou por correo (artigo 80 RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia.

2º. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1) Sobre A: en acto non público, cualificación documental. Antes do décimo segundo día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións.

a.2) Sobre B: en acto público, criterios de adxudicación suxeitos a un xuízo de valor. Antes do oitavo día seguinte ao de apertura dos sobres A. A data e a hora exactas serán publicadas no perfil do contratante cunha antelación mínima de 48 horas.

a.3) Sobre C: en acto público. A data e a hora exactas serán publicadas no perfil do contratante cunha antelación mínima de 48 horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 euros.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia