Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017068AM-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 31 de xullo de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017068AM-LU incoado a Agrupación Prone, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Agrupación Prone, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 4 de setembro de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2017068AM-LU.

Interesada: Agrupación Prone, S.L.

CIF: B27182245.

Último enderezo coñecido: rúa da Terra (polígono industrial O Ceao), 96, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e o control da lexionelose (BOE núm. 171, do 18 de xullo): artigo 8.2 e anexo 3, en relación co previsto no artigo 5, e artigo 14.2.d).

– Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade (BOE núm. 102, do 29 de abril): artigo 35.b).1.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: tres mil cincocentos euros (3.500 €).