Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43030

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de setembro de 2017, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase polas razóns indicadas no ordinal primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de setembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, debido ás súas necesidades funcionais e organizativas.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de setembro de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file