Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo relativo a información turística nas accións promocionais da Axencia Turismo de Galicia, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: prestación do servizo de información turística para atención do espazo galego nas accións promocionais en que participe a Axencia Turismo de Galicia. Os ámbitos xeográficos nos que se ten previsto levar a cabo as accións promocionais son España, Europa, Estados Unidos e Canadá, Centro América e Sudamérica e Asia.

Prazo de execución: desde o día seguinte á data de formalización do contrato e ata o 31 de decembro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe máximo sen IVE: 135.000,00 €.

IVE (21 %): 28.350,00 €.

Importe total IVE incluído: 163.350,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189518

Información sobre a contratación:

Teléfono 981 54 62 25.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo é sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia