De acordo co previsto no artigo 155 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración da desistencia do procedemento de licitación do contrato de servizos que a seguir se relaciona:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=188065
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 152, do 10 de agosto de 2017; BOE núm. 190, do 10 de agosto; DOUE núm. 149-309419, do 5 de agosto.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo, suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición do obxecto: servizo para o deseño e execución das actuacións previstas no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia (Priga) 2016-2022, para os anos 2017 e 2018.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.
b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 1.470.494,00 euros, IVE excluído.
5. Resolución de desistencia:
a) Data da resolución da desistencia: 4 de setembro de 2017.
b) Causa da desistencia: infracción non emendable nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo
e disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro;
DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio