A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01764-O-2017 e oito máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 25 de agosto de 2017
César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-01764-O-2017 6998-CSX |
Desbroces Beluso, S.L. B70251095 |
Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar. 8.4.2017; 16.44; AG-59; 1,0 |
Art. 141.25 en relación co 140.35 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT |
401 euros |
XC-01999-O-2017 7464-DMH |
Grupo Jorcla 2010 B94035383 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 8.5.2017; 16.12; AC-400; 61,5 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT |
801 euros |
XC-02045-O-2017 9895-BCK |
Hipermarco, S.L. B36282127 |
A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que, por calquera outra causa, perdese a súa validez. 9.5.2017; 8.29; AG-11; 40,0 |
Art. 141.14 LOTT |
Art. 143.1.e) LOTT |
601 euros |
XC-02080-O-2017 C-1560-CF |
Discalvo, S.L. B15405418 |
Atenuante-A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado. 10.5.2017; 9.35; SC-20; 2,0 |
Art. 142.19 en relación co 141.11 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra a) LOTT |
201 euros |
XC-02085-O-2017 1709-FJW |
Transcámaras Areas, S.L. B70387139 |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 8.5.2017; 16.44; DP-0701; 6,0 |
Art. 140.35 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
XC-02097-S-2017 8160CDR |
José Luis Cámaras Areas 76819570F |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 16.5.2017; 16.15 |
Art. 141.21 LOTT |
Art. 143.1.d) LOTT |
401 euros |
XC-02110-O-2017 2688-DPY |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
Non identificar o transporte de mercadorías perigosas no exterior do vehículo. 19.5.2017; 10.10; N-550; 76,5 |
Art. 140.15.11 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
XC-02140-O-2017 9895-BCK |
Hipermarco, S.L. B36282127 |
Insuficiente papel de impresión no vehículo. 9.5.2017; 8.36; AG-11; 40,0 |
Art. 142.3 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
301 euros |
XC-02141-O-2017 9895-BCK |
Hipermarco, S.L. B36282127 |
Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que non estea no seu poder. 9.5.2017; 8.29; AG-11; 40,0 |
Art. 140.22 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
2.001 euros |