Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017 pola que se modifica a Resolución do 25 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, unicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, de dez obras de recuperación do potencial forestal, sen admisión de variante, sen clasificación, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (expediente 23/2017).

O luns 4 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, unicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, de 10 obras de recuperación forestal do potencial forestal, sen admisión de variante, sen clasificación, cofinanciada polo fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (expediente 23/2017).

Nos proxectos técnicos de dous lotes, o 2 e o 9, detectáronse varios erros na desagregación do orzamento, que corresponden ás seguintes obras:

Lote nº

Código
proposta

Título

Importe
sen IVE

IVE

Importe licitación
con IVE

2

32M29/16

Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV - A Limia (Ourense)

202.398,59

20.239,86

222.638,45

9

32M20/17

Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV - A Limia (Ourense)

63.338,20

6.333,82

69.672,02

Por este motivo, propuxéronse novos proxectos técnicos corrixindo os erros detectados no orzamento. Estas correccións non afectan o importe total do orzamento da obra.

En consecuencia, o órgano de contratación acordou aprobar os proxectos cos orzamentos corrixidos, que non modifican o importe total do orzamento dos lotes e que se publiquen os proxectos cos orzamentos correctos, relativos ao lote 2 e o lote 9 desta contratación, no portal da plataforma de contratos públicos de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Retrotraer o procedemento de contratación á fase de publicación do anuncio de contratación polo procedemento aberto, unicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, de 10 obras de recuperación forestal do potencial forestal, sen admisión de variante, sen clasificación, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e conceden, por tanto, un novo prazo de presentación das ofertas para todos os lotes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

2. Declarar vixente a anterior Resolución do 25 de agosto de 2017 en todo o que non estea afectada por esta resolución, así como manter que a apertura dos sobres B teña lugar, en acto público, ás 11.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do novo prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. No caso de non ser posible nesa data, tería lugar na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Artigo 4.3 da Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal