Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017 pola que se someten a información pública o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental do proxecto da dragaxe do porto de Laxe, situado no concello de Laxe, promovido por esta entidade.

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), faise público que, polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedarán expostos en horas de atención ao público o anteproxecto e o estudo de impacto ambiental do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes.

A documentación que se expón é:

• Estudo de impacto ambiental para o proxecto da dragaxe do porto de Laxe.

• Anteproxecto da dragaxe do porto de Laxe.

Para iso poranse á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

• Portos de Galicia. Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade (praza Europa, 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela).

• Portos de Galicia. Zona Centro (avenida do porto da Coruña, 5, 1ª, 15006 A Coruña).

• Servidor web da entidade pública empresarial Portos de Galicia, na seguinte ligazón: http://www.portosdegalicia.es/gl/web/portos-de-galicia//pregos

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia