Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 701/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Victoria Dolores Portas Castro contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal: Juan Capella Pérez, da entidade Campiñas de Laíño, S.A., administradora concursal: María José Lorenzo Gómez de Refojo y González, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 496/2014, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13 de decembro de 2017 ás 10.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Hipescar, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no boletín oficial correspondente e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza