Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43615

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño) e modificado pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) e modificado pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo e pola orde que se relaciona no anexo I ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 29 de setembro de 2017, ás 11.00 horas.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta orde.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Promoción interna.

DNI

Apelidos e nome

1

35469459D

Nores Bóveda, Pedro

Acceso libre.

DNI

Apelidos e nome

1

44468812Z

Fernández Vila, Pablo

2

47435351J

Gago Pena, Laura

3

32817570C

Rouco Arrojo, Laura

4

33346543Q

Vázquez Rivas, Nuria Isabel

5

47376830G

Pastur Romay, Manuel Efrén

6

34891899W

Díaz Anido, Marcia

7

33347509Q

Fernández Pérez, Marina

8

76825602J

Meijome Ulloa, Margarita

ANEXO ii

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Observacións

1

FCA291000015001009

FC

Posto base subgrupo A2

A2

16

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación A Coruña

A Coruña

2

TRC992090115770007

IN

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Oficina de Emprego de Santiago-Centro

Santiago de Compostela

3

TRC992090127300004

IN

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Oficina de Emprego de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

4

TRC992090132090003

IN

Coordinador/a de Área

A2/C1/C2

18

Servizos periféricos

Oficina de Emprego do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

5

PSC991000015001034

PS

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

6

PSC991000015001039

PS

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

7

PSC991000015001041

PS

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

8

PSC991000015001043

PS

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

9

PSC991000027001030

PS

Posto base subgrupo A2

A2

16

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

10

PSC994020115190008

PS

Xefe/a de Administración

A2/C1/C2

18

Servizos periféricos

Casa da Xuventude de Carballo

Carballo

Xornada partida 1/4

11

MRC992005327110007

MR

Posto base subgrupo A2 (Castroverde)

A2

16

Servizos periféricos

Oficina de Castroverde

Castroverde

12

MRC992012432850010

MR

Xefatura de Negociado (Viana do Bolo)

A2/C1/C2

18

Servizos periféricos

Oficina de Viana do Bolo

Viana do Bolo