Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de setembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no punto quilométrico 80 da AG-53 (clave OU/03/042.01.5.4).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, con data do 28 de xullo de 2017, resolve:

1. Aprobar provisionalmente o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo no p.q. 80 da AG-53, de clave OU/03/042.01.5.4.

2. Someter o anteproxecto a información pública, de acordo co artigo 129.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público durante un período dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan formular cantas observacións se consideren oportunas sobre a localización e características da obra, así como calquera outra circunstancia referente á súa declaración de utilidade pública.

3. Someter o anteproxecto a información pública, de acordo co artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan formular cantas observacións se consideren oportunas sobre a concepción global do trazado.

4. A exposición ao público realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e no Concello de Maside (praza Maior, 1, 32570 Maside-Ourense). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do anteproxecto sometido a información pública.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas