Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Taboada e O Saviñao (expediente IN407A 2017/65-2, 8537 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Domicilio social: polígono das Fontiñas, Área Central 25 Z-1º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT alimentación exterior ao parque empresarial de Taboada.

Situación: concellos de Taboada e O Saviñao.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 3.800 m con orixe no PAS proxectado sobre o apoio de formigón nº 20 correspondente á LMT aérea procedente da saída CHA813 (Currelos 13) da subestación Chantada, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con tubos de 160 mm e 125 mm de diámetro, e final no PAS proxectado sobre apoio de formigón existente nº 69-87 da LMT CHA805.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 3.450 m con orixe no PAS proxectado sobre o apoio de formigón existente nº 69-149-A8 da LMT CHA805, condutor tipo RHZ1 baixo canalización con tubos de 160 mm e 125 mm de diámetro, e final na cela de liña proxectada no centro de seccionamento existente no parque empresarial de Taboada.

3. Por arquitectura de rede realízanse as seguintes operacións:

a) Retirar o seccionador SXS existente no apoio de formigón existente nº 69-172, instalando novo seccionador fusible XS sobre o dito apoio, para protección e manobra do acio conformado polo CT existente Xián e outros.

b) Retirar o seccionador fusible XS existente no apoio de formigón nº 69-149 existente para protección e manobra do acio conformado polos centros de transformación existentes Deilas, Santa Baia, Vilar de Cabalos e Seixas, instalando novo seccionador fusible XS sobre o dito apoio, para protección e manobra do acio conformado polo CT existente Santa Baia.

c) Montaxe de seccionador fusible XS para o acio conformado polos centros de transformación existentes Vilar de Cabalos e Seixas, sobre apoio de formigón existente nº 69-149-A1.

d) Retirar a ponte amovible existente no apoio de formigón nº 69-149-A8 existente, instalando no seccionador fusible XS sobre o dito apoio, para protección e manobra do acio conformado polo centro de transformación existente Deilas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 29 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo