Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (233/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 233/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra o Fogasa e Restaura Galicia, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Restaura Galicia, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 2.716,18 euros, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza