Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO sobre o cambio de uso de parcelas para uso sanitario co fin da súa posterior agrupación e cesión ao Servizo Galego de Saúde para a construción dun centro de saúde.

O día 21 de xuño de 2017, co número de rexistro de saída 1206, remitiuse á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, mediante oficio da Alcaldía do 20 de xuño de 2017, copia do expediente relativo ao acordo adoptado polo Pleno o 20 de xuño de 2017, polo que se acordou o cambio de uso para dotacional público de uso sanitario, sempre mantendo a titularidade pública e as características físicas da ordenanza inicial da parcela adquirida por acordo plenario do 30 de decembro de 2016, por prescrición adquisitiva ou usucapión, na modalidade de ordinaria, dun soar sito na rúa Ourense (esquina rúa doutor Emilio Pereiro), con referencia catastral nº 0410505NH8501S0001MM, con superficie de 1.042 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 825, libro 153 de Melide, folio 153, predio 21877, inscrición 1ª. A esta parcela actualmente élle de aplicación a ordenanza 1, uso residencial das NN.SS.MM. No dito acordo determínase que, logo do cambio de uso, se procederá á súa posterior agrupación ás parcelas que se describen no mencionado acordo e que xa teñen uso sanitario e, posteriormente, procederase á súa cesión ao Servizo Galego de Saúde para a construción dun centro de saúde.

O anuncio do acordo adoptado o 20 de xuño de 2017 polo Pleno foi publicado no BOP núm. 119, do 26 de xuño.

O que se somete a información pública para dar cumprimento ao disposto no punto cuarto do acordo plenario do 20 de xuño de 2017.

Melide, 1 de setembro de 2017

Dalia García Couso
Alcaldesa