Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44020

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obrigación, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Organización Interprofesional Láctea (Inlac) para o fomento do consumo de leite e de derivados lácteos na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

31.1.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

544.926,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilasantar sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Présaras

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Laxe sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Laxe

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Asociación Española contra o Cancro para a posta en marcha dun programa de voluntariado

Sen achega económica

27.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo (PAIME)

38.891,00 €

20.4.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado do máster propio en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía

Sen achega económica

27.4.2017

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U. para o desenvolvemento e implementación do programa de intervención temperá nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelética

Sen achega económica

30.4.2017

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Chiesi España, S.A.U. para o desenvolvemento de liñas de actuación innovadoras e de investigación, así como de formación a profesionais do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

2.5.2017

Acordo marco para fixar as condicións da adquisición de vacinas fronte á gripe estacional para a campaña 2017-2018 entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

10.5.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boqueixón sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Boqueixón

Sen achega económica

15.5.2017

Primeira addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do Laboratorio de Saúde Pública para o control de calidade das augas soterradas dentro do ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

380.568,96 €

29.5.2017

Acordo específico de colaboración para o desenvolvemento específico da mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (MEDTRONIC)

Sen achega económica

29.5.2017

Acordo específico de colaboración para o desenvolvemento específico de mellora continua para incrementar a calidade asistencial e eficiencia operativa das unidades asistenciais do Hospital Universitario Lucus Augusti (MEDTRONIC)

Sen achega económica

29.5.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Xunqueira de Espadanedo sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Xunqueira de Espadanedo

Sen achega económica

30.5.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE para a realización de prácticas do alumnado do máster universitario en Fisioterapia Respiratoria e Cardíaca

Sen achega económica

30.5.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Andaina Pro Saúde Mental para o desenvolvemento dun programa de intervención no domicilio no ámbito rural

15.000,00 €

6.6.2017

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Takeda Farmacéutica España, S.A. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención á cronicidade

Sen achega económica

6.6.2017

Acordo de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Soberana Orde de Malta para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos

Sen achega económica

6.6.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Sen achega económica

8.6.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Cruz Vermella Galicia para desenvolver un programa de actividades de acompañamento para a prevención e promoción da saúde en persoas maiores

Sen achega económica

19.6.2017

Convenio marco entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Luzón Unidos contra a ELA para impulsar a investigación sobre a esclerose lateral amiotrófica (ELA) e mellorar a calidade de vida dos pacientes afectados por esta enfermidade

Sen achega económica

19.6.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

19.400,00 €

19.6.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

20.6.2017

Décimo primeiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

844.719,42 €

1.7.2017

Décimo segundo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

3.770.524,80 €

1.7.2017

Décimo primeiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

63.930,50 €

1.7.2017

Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde para a realización de actuacións de reforzo na tramitación do procedemento para o recoñecemento do grao de discapacidade

360.000 €

12.7.2017

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e o Concello da Coruña para a implantación do programa alerta escolar na Rede de escolas infantís municipais (REIM) do Concello da Coruña

Sen achega económica

12.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Piñor sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Piñor

Sen achega económica

19.7.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia sobre o procedemento de prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2017

Primeiro acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer) para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

634.792,56 €

8.8.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e CES, Centro Auditivo sobre o procedemento de prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

23.8.2017