Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rois (expediente IN407A 2017/068-1).

Expediente: IN407A 2017/068-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento Agronovo.

Concello: Rois.

Feitos.

1. O 19 de abril de 2017 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG nº 112, do 14 de xuño de 2017, e no BOP nº 99, do 29 de maio de 2017.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 1), a 20 kV, con orixe no apoio existente D15 da LMT PAD810/811, cunha lonxitude de 199 m, condutor tipo LA-110 mm2 AI, e final no apoio proxectado D17 da LMT PAD810/811.

– Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 2), a 20 kV, con orixe no apoio proxectado nº 18 da LMT PAD810, cunha lonxitude de 268 m, condutor tipo LA-110 mm2 AI, e final no apoio existente nº 21 da LMT PAD810.

– Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 3), a 20 kV, con orixe no apoio proxectado nº 17-1 da LMT a CT Agronovo, cunha lonxitude de 150 m, condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio existente nº 17-2 da LMT a CT Agronovo.

– Tramo liña de media tensión soterrada (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 150 m, con orixe no apoio proxectado D17 da LMT PAD810/811, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI e final no CS proxectado.

– Tramo liña de media tensión soterrada (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 230 m, con orixe no CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI e final no apoio proxectado nº 18 da LMT PAD 810.

– Tramo liña de media tensión soterrada (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 95 m, con orixe no CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI e final no apoio proxectado nº 17-1 da LMT a CT Agronovo.

– Centro de seccionamento 3L, telecontrolado GSM/GPRS/FO, manobra exterior.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 86.005,66 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de setembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña