Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44191

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR341Q).

BDNS (Identif.): 356654.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR341Q), na seguinte contía: 1.000.000 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria