Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga, pola Xunta de Goberno local do 21 de setembro de 2017, de conformidade co artigo 75.1 a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e anunciarase, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e están á disposición dos interesados na sede electrónica do Concello de Cervo.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión será de dous anos contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Os predios afectados pola suspensión son os seguintes:

5891004PJ2359S

63830P4PJ2368S

5889003PJ2358N

63830P3PJ2368S

5891003PJ2359S

63830P2PJ2368S

5891017PJ2359S

63830L5PJ2368S

6188001PJ2368N

5991501PJ2359S

Cervo, 21 de setembro de 2017

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde