Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44540

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG número 100, do 29 de maio), modificada pola Orde do 2 de xuño de 2017 (DOG número 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 246, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular a pregunta número 85 e a pregunta de reserva número 103. O lugar da pregunta número 85 pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 102.

Modificar no modelo de respostas publicado as respostas ás preguntas números 48 e 104, de maneira que as respostas correctas son as letras b) e d) respectivamente.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 17 de xullo de 2017, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), puntuación que equivale a corenta e cinco (45) respostas correctas. Para estes efectos, fíxase en 111 o número de aspirantes que superaron o exercicio, ao ter acadado as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, respondendo correctamente, como mínimo, ao 45 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017

Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal