Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de implantes de marcapasos e desfibriladores (expediente MA-SER1-17-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 23.10.2017.

d) Número de expediente: MA-SER1-17-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: acordo marco de selección das empresas que poderán optar a executar os contratos para a subministración de implantes de marcapasos e desfibriladores con destino ás estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/30.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33182210-4 e 33182100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de selección:

Concepto

Puntuación

Criterios e subcriterios non valorables de forma automática (sobre B)

Calidade técnica do produto

0-50

criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-45

Loxística

0-5

Criterios de adxudicación dos contratos derivados (2ª fase):

Criterios de adxudicación para a 2ª fase

0-100 puntos

Programación e seguimento dos dispositivos: desagréganse nos seguintes subcriterios:

• Sistema de avaliación do estado clínico do paciente (apnea do sono, retención de líquidos e baixo gasto).

• Características do programador (intuitivo, rápido e de fácil manexo).

Ata 30 puntos

Características técnicas: desagréganse nos seguintes subcriterios:

• Dispoñibilidade de dispositivos de pequeno tamaño, baixo peso ou baixo perfil, a duración/lonxevidade do dispositivo, a súa facilidade de manexo e sinxeleza e a súa funcionalidade. Grao de compatibilidade con RM (zona e tempo).

• Características adicionais de calidade dos eléctrodos (compatibilidade con RM, varias lonxitudes e varias configuracións distais).

Ata 20 puntos

Servizos de valor engadido: desagréganse nos seguintes subcriterios:

• A dispoñibilidade de servizos, programas e prestacións complementarias enfocados a mellorar a eficiencia dos procesos asistenciais, así como a posta a disposición de equipos humanos de apoio.

• A achega, deseño e implementación de tecnoloxías específicas para a xestión de depósitos, implantes e rastrexabilidade nos distintos centros.

Ata 20 puntos

Evidencia clínica e científica:

• Estudos e publicacións de resultados clínicos e supervivencia, estudos multicéntricos, tempo de seguimento, unidades implantadas e calidade da evidencia.

Ata 10 puntos

Prezo

Ata 20 puntos

4. Valor estimado dos contratos: 83.446.300,80 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote, excluído o IVE, de cada contrato derivado do marco.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as letras f) e g) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23.10.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11.9.2017.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos