Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (DSP 312/2017).

DSP Despedimento/cesamentos en xeral 312/2017

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: María Carmen Seoane Huertas

Avogada: Iria María Ferro Sánchez

Demandados: Méndez Pérez Hermanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sanmar Niños, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa, José Miguel Orantes Canales

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 312/2017 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña, foi ditada Resolución do 3 de xullo de 2017, dirixida a Méndez Pérez Hermanos, S.L., facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Méndez Pérez Hermanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de agosto de 2017

A letrada da Administración de xustiza