Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de peche e clausura da concesión de explotación Prado número 2779 (PO/C/02779) Plan de restauración final, situada no termo municipal de Ponteareas.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de peche e clausura da concesión de explotación Prado nº 2779 (PO/C/02779) Plan de restauración final, situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra) e solicitado por Toca Salgado, S.L.U.

O que se fai público facendo constar que durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 28 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra