Mediante a Resolución do 18 de maio de 2017 (DOG núm. 102, do 31 de maio) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.
Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda, segundo se recolle no anexo a esta resolución.
Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á oficina virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.
Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao do acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día hábil seguinte ao de finalización do prazo sen acceder ao seu contido.
Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación
Núm. expediente |
Titular do expediente |
NIF |
IG229.2017.1.1 |
Asoc. Provincial Empresarios Hostelería A Coruña |
G15083215 |
IG229.2017.1.2 |
Asoc. Intersectorial e Interterritorial de Autón. y Peq. Empresas de G |
G36550630 |
IG229.2017.1.3 |
Asoc. Empres. Instalac. y Rep. Elec. Pontevedra |
G36640845 |
IG229.2017.1.4 |
Asoc. Empres. Instalac. y Rep. Elec. Pontevedra |
G36640845 |
IG229.2017.1.5 |
Confederación Empresarial de Lugo |
G27019793 |
IG229.2017.1.9 |
Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense |
G32015828 |
IG229.2017.1.10 |
Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense |
G32015828 |
IG229.2017.1.11 |
Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense |
G32015828 |
IG229.2017.1.12 |
Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense |
G32015828 |
IG229.2017.1.13 |
Asoc. Prov. Empres. Construcción Ourense |
G32015828 |
IG229.2017.1.14 |
Colegio Oficial de Aparejadores, Arquitectos Técnicos e I. de E. de Lugo |
G27015718 |
IG229.2017.1.15 |
Conxemar |
G36636819 |
IG229.2017.1.16 |
Asociación Clúster Alimentario de Galicia |
G27407212 |
IG229.2017.1.17 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG229.2017.1.18 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG229.2017.1.19 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG229.2017.1.20 |
Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños |
G15394760 |
IG229.2017.1.21 |
Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños |
G15394760 |
IG229.2017.1.23 |
Agestic |
G15924400 |
IG229.2017.1.24 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG229.2017.1.28 |
Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG229.2017.1.29 |
Fundación Cupa |
G32458713 |
IG229.2017.1.30 |
Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG229.2017.1.31 |
Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG229.2017.1.35 |
Clúster da Comunicación Gráfica |
G70115282 |
IG229.2017.1.36 |
Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia |
G27825439 |
IG229.2017.1.38 |
Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia |
G27825439 |
IG229.2017.1.39 |
Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia |
G27825439 |
IG229.2017.1.40 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG229.2017.1.41 |
Asoc. Empr. Ferrolterra |
G15366693 |
IG229.2017.1.42 |
Cámara Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa |
Q3600430G |
IG229.2017.1.43 |
Cámara Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa |
Q3600430G |
IG229.2017.1.44 |
Asociación Clúster da Madeira de Galicia |
G32290439 |
IG229.2017.1.45 |
Anfaco |
G36625309 |
IG229.2017.1.46 |
Asoc. Consorcio Aeronáutico Gallego |
G27823657 |
IG229.2017.1.47 |
Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia |
G27825439 |
IG229.2017.1.48 |
Asociación Clúster del Granito |
G36644961 |
IG229.2017.1.49 |
Clúster Tic Galicia |
G70157581 |
IG229.2017.1.50 |
Clúster Tic Galicia |
G70157581 |
IG229.2017.1.51 |
Fundación Cupa |
G32458713 |