Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47159

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017.

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do campus científico tecnolóxico Cidade do Mar e a regularización da situación económico-patrimonial derivada do convenio do 10 de febreiro de 2009.

5.701.239,47

2.8.2017