Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (229/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 229/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Revesgran, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Na Coruña o 12 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 228/15 seguidos ante este xulgado por instancia de Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, contra Ferco XXI, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno a empresa Ferco XXI, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 764,09 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Revesgran, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza