Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (226/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 226/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Construcción Técnica GCM, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña o 12 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 226/2015 seguido ante este xulgado por instancia de Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, contra Construcción Técnica GCM, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno a empresa Construcción Técnica GCM, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 482,11 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcción Técnica GCM, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza