1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0078.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do Sistema de información de soporte aos trámites de queixas, suxestións, reclamacións ou peticións de información. Inclúese nesta actividade: o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema; a construción do sistema; integración cos compoñentes transversais corporativos de administración electrónica; participación na instalación nas contornas tecnolóxicas corporativas da Xunta de Galicia; a implantación e posta en marcha efectiva; adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 14 meses a partir do 1.11.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 14 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: tramitación ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: procedemento aberto.
4. Valor estimado: 208.386,67 € (sen IVE).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 208.386,67 €, máis 43.761,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 252.147,87 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:
2017: 31.258,00 € + IVE (6.564,18 €) = 37.822,18 €.
2018: 177.128,67 € + IVE (37.197,02 €) = 214.325,69 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=208761.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhabil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia