Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de setembro de 2017 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente SA/17/00108 e un máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEG), de estradas de Galicia. Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indican (sinalando «resolución sancionadora») terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, se procederá ao cobramento pola vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (PACAP), non foi posible efectuala. Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da dita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo Xurídico II da Secretaría Xeral Técnica, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora esgota a vía administrativa e que pode interpoñer recurso de reposición ante a Secretaría Xeral Técnica. O prazo de interposición do dito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SA/17/00108 (123/16), Pontevedra.

Interesada: A Vella Escola.

Último enderezo coñecido: As Arras, 9, Cabreira, Salvaterra de Miño, Pontevedra.

Feitos: cartel publicitario na zona de dominio público.

Estrada: PO-510 Atios-Salvaterra, p.q. 8+140.

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SA/17/00109 (121/16), Pontevedra.

Interesada: A Vella Escola.

Último enderezo coñecido: As Arras 9, Cabreira, Salvaterra de Miño, Pontevedra.

Feitos: cartel publicitario na zona de dominio público.

Estrada: PO-510 Atios-Salvaterra. p.q. 6+880.

Resolución: sancionadora.