Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00307 e un máis).

O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador RA/M/2017/00307 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselles a resolución ditada ás persoas interesadas.

Son informadas de que o expediente sancionador está á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia:

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-01271-O-2014

RA/M/2017/00307

2072-FPP

José Antonio Gómez Morado

Transporte de mercadorías carecendo do título habilitante. Non presenta a tarxeta de transportes

10.5.2014; 15.35; N525; 132,0

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02600-O-2014

RA/M/2017/00226

7326-HPM//R-2477-BBG

Francisco Javier Andreu Golpe

Transporte de mercadorías sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de tempos de condución e descanso

25.2.2014; 10.35; N634; 709,5

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta