Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2017/499-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Título: LMTS, CTC Pereiro-Donas.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 464 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9T2FW6HD//19-25-1 do tramo GON8075065 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación compacto a 250 kVA, con R.T. 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Pereiro, Donas, Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Gondomar; lugar: Donas; titular: Sara Dolores Pazos Martínez; afección:7,8 m2 para liña subterránea.

Predio 2. Concello: Gondomar; lugar: Donas; titular: José Manuel Lamas Patiño e Esther Salgueiro Costas; afección: 14,8 m2 para liña subterránea.

Predio 3. Concello: Gondomar; lugar: Donas; titular: Manuel Pazos Casas; afección: 16,81 m2 de solo para o centro de transformación e 5,67 m2 para liña subterránea.